viernes, 19 de junio de 2020

DESPEDIDA

Non quero rematar sen felicitar a todos os que realizáchedes as actividades de ARCO durante este confinamento, non vos imaxinades a ledicia que supuña ver unha foto con algunha "Artistada" feita por vós...




Deséxovos un feliz verán e aos que pasades para o instituto unha feliz andadura na ESO!

Unha aperta,
Noe 

lunes, 15 de junio de 2020

Semana 15-19 xuño

Ola! Xa case case estamos rematando... esta será a última semana e pronto teredes un merecido descanso, vai ser un verán diferente, pero que seguro ides desfrutar!

Esta é a última actividade de ARCO, como veredes tedes que pensar un pouquiño máis que nas anteriores, pero agora estades máis preparados para facela:




SOLUCIÓNS CREATIVAS

Imaxina unha solución creativa (é dicir, nova, diferente, que ninguén propuxese antes) a estes problemas:

  1. Os cans abandonados
  2. O plástico que ves no patio do teu colexio
  3. O plástico nos océanos
Elixe un dos tres problemas, o que máis che preocupe, e intenta buscar unha solución. Ti que farías?

SEGURO QUE TEDES APORTACIÓNS MOI VALIOSAS!
CÓNTANOLA!

lunes, 8 de junio de 2020

Semana 8-14 xuño

Ola outra vez! Sigo vendo os vosos traballos de semanas anteriores:

Xogos de mesa como "Cartas locas", "Tres en raia", "A túa familia e ti", "Trisquel", "O dado decide", "O barrio chungo", "Vegetta", "Labirinto verde"...

E deportes e hobbies como "pasear unha tartaruga, un gato, unha ra, un paxaro...", "facer sentadiñas con libros", "cadeira-máquina de deporte", "saltar olas de cociña", "arrincar flores", "levantar caixa de zapatos con area", "arroz nos calcetíns", "xogar ao fútbol cun porco espiño", " facer pesas con bastonciños", "facer flexións coa gata no lombro", "construir raquetas de ping-pong"...

PARABÉNS A TOD@S!



A actividade desta semana é a seguinte:




PARA QUE SERVE...

Busca diferentes utilidades para os seguintes utensilios de cociña. Podes ampliar a listaxe se o desexas:

  • Unha tixola: como raqueta de tenis
  • Un batedor:
  • Unha espumadeira:
  • Un coador:
  • Un funil:

A ver con que nos sorpredendedes esta vez!
ÁNIMO!

lunes, 1 de junio de 2020

Semana 1-7 xuño


Ola de novo! Antes de nada quero felicitarvos polas actividades de ARCO que estades realizando! Encantáronme os Xogos de Mesa como "crebacabezas", "sudokus", "xogando co tempo", "Quién sabe más sobre mí"...


A actividade que vos propoño para esta semana é a seguinte:



ARTE- FACTO

Crea un artefacto orixinal con material de
reciclaxe. O que ves no fotografía está feito cunha
botella de plástico para o corpo, cartón para as ás e
arame para as antenas. Cal se che ocorre a ti?

Busca distinto material de refugallo 
que teñas na casa, 
imaxina, crea, fai unha foto e envíaa!

Estamos desexando velo!

lunes, 25 de mayo de 2020

Semana 25-31 maio

Ola rapazas e rapaces! Sei que moitos de vós estades traballando de marabilla... por esa razón teño que darvos eu tamén os meus parabéns!

Para esta semana preséntovos dúas actividades: "Un pouco de deporte" e "Hobbies". Podedes facer as dúas ou elixir só unha, o que vos indique o voso titor ou titora. A ver quen é o máis enxeñoso e creativo!



UN POUCO DE DEPORTE
Fai unha listaxe con tódolos obxectos que se che
ocorran e que podes ter na casa para facer deporte.
A ver cantos es capaz de imaxinar.
Comezamos con un exemplo:
1. Botellas de auga para facer pesas...







HOBBIES
Pensa en diferentes hobbies ou afeccións que poida ter unha
persoa e que se afasten do habitual, por exemplo: pasear ao seu peixiño...

lunes, 18 de mayo de 2020

Semana 18-24 maio



XOGO DE MESA
Inventa un novo xogo de mesa.
Podes imaxinalo e describilo, podes contruilo e facer unha foto...
Pensa para inspirarte
no parchís, monopoly, tres en raia... ou outros que
coñezas. Para facelo segue estas pautas:

Cantos xogadores? Precisa dados ou fichas? Ten
taboleiro? Cales son as regras?

Ánimo!

jueves, 14 de mayo de 2020

Creatividade





A partir desta semana desenvolveremos o seguinte bloque de actividades. Fíxate nas entradas de arriba a semana que lle corresponde a cada unha: